jueves, 23 de febrero de 2012

A excreción e o aparato urinario

A excreción é a eliminación de sustancias tóxicas ou desfeitos do organismo.



                                                                   Glándulas sudoríparas
                                                                   Aparato respiratorio                                      Existen diferentes vías de excreción:              Aparato dixestivo
                                                                   Fígado
                                                                   Aparato  urinario

  • Glándulas sudoríparas: liberan a suor , que posúe unha composición similar a urina. Axudan a regular a temperatura do corpo.
  • Aparato respiratorio: elimina o CO2 producido polas células.
  • Aparato dixestivo: expulsa o exterior os compoñentes do alimento que non foron dixeridos.
  • Fígado: libera restos disoltos na bilis o intestino, procedentes dos fármacos inxeridos.
  • Aparato urinario: fabrica a urina. É o mecanismo mais eficaz de eliminar restos.

As funcións que desempeña o aparato urinario son as seguintes.
    • Controlar o PH* do sangue, eliminando ou retendo as sales minerais.
    • Regular o volume sanguíneo, eliminando ou retendo a auga.
    • Eliminar sustancias de desfeito procedentes do metabolismo, como a urea e o ácido úrico. 
    * Acidez dunha disolución.
      http://www.youtube.com/watch?v=MlRhvs1XzXI&feature=related


      Constitúeno as vías urinarias e riles.
      Riles: Son dous órganos excretores da forma dunha xudía.
      Veas renais: É  a vea drena o sangue do ril.
      Arterias renais: Vaso sanguíneo que leva o sangue o ril.
      Uréteres: Condutos que levan a urina desde a pelvis renal ata a vexiga urinaria.
      Vexiga urinaria: Órgano oco que recibe e almacena a urina dos uréteres.
      Uretra: Conduto polo que pasa a urina na sua fase final do proceso urinario desde a vexiga urinaria ata o exterior do corpo.




      Nefrona: A nefrona é a unidade estrutural e funcional básica do ril, responsable da purificación do sangue. A súa principal función é filtrar o sangue para regular a auga e as substancias solubles, reabsorbendo o que é necesario e excretando o resto como urina.



      Enfermidades do aparato urinario.

                                            Cálculos renais
       Hai varias enfermidades:
                                            Insuficiencia renal


      • Cálculos renais: É cando inxires pouca auga( menor de dous litros o día) estas sales poden formar cálculos que provocan intensas dores o ser expulsados a través dos uréteres e a uretra. Se o tamaño e superior o diámetro das vías urinarias poden producir lesións.
      • Insuficiencia renal: Por diversas causas, as nefronas que constiyuen o riñón perden a súa funcionalidade.
      Unha persoa podería seguir vivindo aínda que só tivese un ril.
        http://www.youtube.com/watch?v=e6jMBa-KhPc&feature=related