jueves, 1 de marzo de 2012

Exame


Exame
1. Completa as frases coas palabras adecuadas.(prexudiciais-glándulas sudoríparas-sistema urinario)
O ................................e as..................................forman parte do aparato excretor. Eliminan do noso corpo sustancias.........................................

2.Sitúa os nomes dos órganos do aparello urinario.(riles-uréteres-vexiga-uretra)



3.Busca na sopa de letras catro órganos do aparello excretor.(aperecen en castelán)

4.Marca cun X as frases falsas.
.....A urina sae ó exterior a través da uretra.
.....A suor elimínase polos riñóns.
.....O líquido que expulsa as glándulas sudorídaras chámanse urina.
.....As glándulas sudoríparas serven para eliminar sustancias prexudiciais.

5.Relaciona mediante frechas.
Órganos que filtran o sangue                           uréteres
Órganos donde se acumula a urina                  riles
Conduto que coneta o riñón e a vexiga            vexiga

6.Sitúa os nomes da nefrona.



















7.Une con frechas.
Nefronas                                        Vías urinarias
Glándulas sudoríparas                     Fármacos
Sales minerais                                 Urina
Bilis                                                PH
Uréteres                                         Suor

8.Se unha persoa sufre un accidente e dana un riñón. Pode seguir vivindo?



9.Cales son as vías de excreción?






10.Sinala se son verdadiras (V) ou falsas (F) estas afirmacións.
a) O aparato urinario está constituído polos riñóns.
b) A urina está composta por auga e sustancias de desfeito.
c) A excreción é  o proceso polo cal se elimina a suor.
d) O CO2 é considerado un desfeito para o noso organismo.

jueves, 23 de febrero de 2012

A excreción e o aparato urinario

A excreción é a eliminación de sustancias tóxicas ou desfeitos do organismo.



                                                                   Glándulas sudoríparas
                                                                   Aparato respiratorio                                      Existen diferentes vías de excreción:              Aparato dixestivo
                                                                   Fígado
                                                                   Aparato  urinario

  • Glándulas sudoríparas: liberan a suor , que posúe unha composición similar a urina. Axudan a regular a temperatura do corpo.
  • Aparato respiratorio: elimina o CO2 producido polas células.
  • Aparato dixestivo: expulsa o exterior os compoñentes do alimento que non foron dixeridos.
  • Fígado: libera restos disoltos na bilis o intestino, procedentes dos fármacos inxeridos.
  • Aparato urinario: fabrica a urina. É o mecanismo mais eficaz de eliminar restos.

As funcións que desempeña o aparato urinario son as seguintes.
    • Controlar o PH* do sangue, eliminando ou retendo as sales minerais.
    • Regular o volume sanguíneo, eliminando ou retendo a auga.
    • Eliminar sustancias de desfeito procedentes do metabolismo, como a urea e o ácido úrico. 
    * Acidez dunha disolución.
      http://www.youtube.com/watch?v=MlRhvs1XzXI&feature=related


      Constitúeno as vías urinarias e riles.
      Riles: Son dous órganos excretores da forma dunha xudía.
      Veas renais: É  a vea drena o sangue do ril.
      Arterias renais: Vaso sanguíneo que leva o sangue o ril.
      Uréteres: Condutos que levan a urina desde a pelvis renal ata a vexiga urinaria.
      Vexiga urinaria: Órgano oco que recibe e almacena a urina dos uréteres.
      Uretra: Conduto polo que pasa a urina na sua fase final do proceso urinario desde a vexiga urinaria ata o exterior do corpo.




      Nefrona: A nefrona é a unidade estrutural e funcional básica do ril, responsable da purificación do sangue. A súa principal función é filtrar o sangue para regular a auga e as substancias solubles, reabsorbendo o que é necesario e excretando o resto como urina.



      Enfermidades do aparato urinario.

                                            Cálculos renais
       Hai varias enfermidades:
                                            Insuficiencia renal


      • Cálculos renais: É cando inxires pouca auga( menor de dous litros o día) estas sales poden formar cálculos que provocan intensas dores o ser expulsados a través dos uréteres e a uretra. Se o tamaño e superior o diámetro das vías urinarias poden producir lesións.
      • Insuficiencia renal: Por diversas causas, as nefronas que constiyuen o riñón perden a súa funcionalidade.
      Unha persoa podería seguir vivindo aínda que só tivese un ril.
        http://www.youtube.com/watch?v=e6jMBa-KhPc&feature=related