Glándulas sudoríparas
Aparato respiratorio Existen diferentes vías de excreción: Aparato dixestivo
Fígado
Aparato urinario
- Glándulas sudoríparas: liberan a suor , que posúe unha composición similar a urina. Axudan a regular a temperatura do corpo.
- Aparato respiratorio: elimina o CO2 producido polas células.
- Aparato dixestivo: expulsa o exterior os compoñentes do alimento que non foron dixeridos.
- Fígado: libera restos disoltos na bilis o intestino, procedentes dos fármacos inxeridos.
- Aparato urinario: fabrica a urina. É o mecanismo mais eficaz de eliminar restos.
As funcións que desempeña o aparato urinario son as seguintes.
- Controlar o PH* do sangue, eliminando ou retendo as sales minerais.
- Regular o volume sanguíneo, eliminando ou retendo a auga.
- Eliminar sustancias de desfeito procedentes do metabolismo, como a urea e o ácido úrico.
Constitúeno as vías urinarias e riles.
Riles: Son dous órganos excretores da forma dunha xudía.
Veas renais: É a vea drena o sangue do ril.
Arterias renais: Vaso sanguíneo que leva o sangue o ril.
Uréteres: Condutos que levan a urina desde a pelvis renal ata a vexiga urinaria.
Vexiga urinaria: Órgano oco que recibe e almacena a urina dos uréteres.
Uretra: Conduto polo que pasa a urina na sua fase final do proceso urinario desde a vexiga urinaria ata o exterior do corpo.
Nefrona: A nefrona é a unidade estrutural e funcional básica do ril, responsable da purificación do sangue. A súa principal función é filtrar o sangue para regular a auga e as substancias solubles, reabsorbendo o que é necesario e excretando o resto como urina.
Enfermidades do aparato urinario.
Cálculos renais
Hai varias enfermidades:
Insuficiencia renal
- Cálculos renais: É cando inxires pouca auga( menor de dous litros o día) estas sales poden formar cálculos que provocan intensas dores o ser expulsados a través dos uréteres e a uretra. Se o tamaño e superior o diámetro das vías urinarias poden producir lesións.
- Insuficiencia renal: Por diversas causas, as nefronas que constiyuen o riñón perden a súa funcionalidade.